O alumnado de 3º e 4º de Primaria realizou en casa unha ficha cun menú e un debuxo dun alimento para xogar na clase á "Pirámide alimentaria". Este xogo consiste nunha carreira de relevos na que tiñan que colocar as fichas cos debuxos no aro correspondente. Cada aro representa un grupo de alimentos da pirámide.
Fixérono moi ben, case non houbo erros e o pasaron xenial.
Este xogo está integrado na unidade 2: Coidamos o noso corpo.
Comentarios
Publicar un comentario