Visitamos unha panadaría



Ola a todos!!
Os nenos e nenas de 2° fixemos hoxe unha visita á panadaría "Castros" de O Grove, donde amablemente nos explicaron o proceso de elaboración do pan (xa sabedes que na clase tamén estamos investigando sobre él). Tamén nos ensinaron as máquinas que utilizan para amasar, darlle forma ás barras, etc...
O mellor de todo foi que os nenos fixemos unha serie de figuriñas coa masa que nos deron e que logo forneamos e degustamos; 
Ummmm que ricas estaban!!
Gracias á Panadaría "Castros" por todo o que nos ensinaron e polos boliños de pan e doces que nos deron. 

Comentarios