A última semana antes das vacacións de nadal disfrutamos escoitando todo o que fixo César esta semana coa ratiña Elsa e todo o que aprendeu sobre os amorodos!
Temos que darlle as gracias a súa familia polo marabilloso vídeo que fixeron durante a elaboración da receita. Votádelle un ollo:
Logo contóunolo de novo na clase, explicándonos a estación do ano na que medran os amorodos: primavera e verán e tamén as propiedades que teñen: son voas para a vista, para os dentes, para ir ao baño, para os ósos...
E non podemos deixar a oportunidade de amosarvos o ben que leva a bandexa e ese gorro de chef feito a man.
Todos probamos estas saudables gominolas de fresa!
Moitas gracias por todo familia!
Comentarios
Publicar un comentario