Ola !
Os nenos/as de 1º estamos a traballar sobre o millo.
Sabemos que, antigamente, aquí non había este cereal e que se trouxo a partires do descubrimento de América. Actualmente é o cereal de maior produción do mundo.
Serve de alimento para persoas e animais.Hai diferentes maneiras de comelo e está en moitas receitas: pan, tortiñas, papas…Coa fariña prepararemos algún plato na nosa cociña e para conseguila aprendimos que hai que facer moitas labores:
- Sementar o millo, na primavera.
- Esperar a que saían e medren as espigas, no verán.
- Recoller, esfollar, debullar e gardar, no outono.
- Levar o gran ao muíño para moelo e convertilo en fariña.
Cando fomos ao Quinteiro do Temperán fixémos moitas destas actividades.Que traballiño !
Comentarios
Publicar un comentario