Obradoiro de chourizos e afumado.




Ola a todos!!.
Os nenos e nenas de primeiro ciclo tivemos a oportunidade de ir ao Quinteiro de Temperán fai unhas semanas e facer un obradoiro de elaboración e afumado de chourizos. 
O primeiro que fixemos foi coller a zorza do porco e fómola metendo nunha especie de tripa á que despois lle facíamos un nó.
Ademáis tamén fomos por un pouquiño loureiro para despois afumar os chourizos na lareira da cociña. 
Tamén aproveitamos ese loureiro para facer uns exquisitos mexillóns en escabeche.
Que ben o pasamos, canto aprendemos e que rico estaba todo!!. 

Comentarios